sfFISIOLMovemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa a través de condutos.
circulación colateralPATDesviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo.
circulación extracorpóreaMEDDerivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca.
circulación portalFISIOLCirculación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado.
circulación sanguíneaFISIOLCirculación na que o sangue do ventrículo esquerdo do corazón se bombea a través das arterias e arteríolas aos capilares, onde achega o osíxeno necesario para a respiración e nutrición celular e retira o dióxido de carbono e as substancias residuais que (polas vénulas e polas veas), volve á aurícula dereita do corazón.
ECON
circulación económicaConxunto de estruturas e mecanismos que permiten que os factores de produción, os produtos e os servizos cheguen aos usuarios e se despracen en función das esixencias dos diversos mercados.
circulación monetariaCantidade de diñeiro, parte do stockmonetario, que circula durante un período de tempo determinado.
TECNOL
circulación forzadaSistema de circulación no que se impulsa o fluído mediante un aparato.
circulación naturalSistema de circulación no que un fluído se despraza pola súa diferenza de densidade, causada pola diferenza de temperatura, ás diversas partes do circuíto.
circulación xeral atmosféricaMETEORSistema das grandes correntes de aire mediante o que se redistribúe a enerxía procedente da radiación solar e o vapor de auga para acadar o equilibrio enerxético terrestre. En superficie, a desigual repartición da presión, incide na creación de centros de acción; son as baixas presións ou borrascas e as altas presións ou anticiclóns.
circulación dun vector ao longo dunha curvaMATCantidade numérica definida, dentro dun campo vectorial V , como o límite da suma dos produtos escalares elementais V ·d s correspondentes aos diferentes elementos de curva considerados, cando a lonxitude destes elementos tende a cero.