cerco

< lat circu ‘círculo’
Pliral: cercos
  1. s m Acción e efecto de cercar.
  2. s m Persoa, obxecto ou conxunto de cousas que rodean algo ou a alguén.
  3. PESCA
    1. s m Antiga arte de pesca de rodeo que empregaba unha gran rede para a captura da sardiña.
    2. cerco conxelador Embarcación que combina artes de cerco e grandes cámaras frigoríficas e que se dedica á captura de túnidos sen establecerse nun caladoiro fixo.
  4. s m ZOOL Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao final do corpo.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que quitou o anel de casado, ben se lle ve o cerco
  • Coa eclipse de Lúa puidemos ver o cerco que formaba a luz do Sol
  • Non conseguiron invadir a cidade e optaron por poñerlle cerco ata a súa rendición
  • Os coches de policía situáronse formando un cerco arredor da praza e de seguida comezaron os incidentes cos manifestantes
  • Os veciños protestáronlle ao concello por permitir o cerco que quitaba o camiño