sfANIMAL/ORNITAve da familia dos anátidos que se caracteriza por ser de pequeno tamaño, ter os machos a cabeza de cores escuras con listas ou antefaces contrastados, e por alimentarse na auga doce sen mergullarse.
cerceta azuladaANIMAL/ORNITCerceta de cabeza escura e azulada cunha media lúa branca.
cerceta comúnANIMAL/ORNITCerceta de plumaxe agrisada, coa cabeza do macho vermella escura e cun anteface verde, lista horizontal branca sobre a ala e cu amarelo.
cerceta pintaANIMAL/ORNITCerceta co anteface ancho e escuro, pescozo longo e plumaxe de cor acastañada, salferida de branco.
cerceta de foucesANIMAL/ORNITCerceta en que o macho presenta unha coloración en xeral agrisada coa cabeza acastañada, lista ocular ancha de cor verde e unha longa crista.