mBÉLOperación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas.
mDEROperación pola que o exército dun estado intercepta as comunicacións no territorio doutro estado.
mECONAcción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas, mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos.
mPSICAlteración do pensamento en que se manifesta un grao máximo de inhibición mental, que comporta a ausencia de pensamentos novos nunha dirección determinada.
mAlteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.
mCOMUN/TRANSPSinalización que se emprega nas liñas de ferrocarril para impedir que dous trens que circulan por unha mesma vía entren en colisión.
mFÍSInterrupción da corrente nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor.
mIND/ARTEEmprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo para escurecer aqueles trazos non desexados.
mINFORMSituación en que cada un dos dous procesadores está agardando que o outro realice unha operación.
bloqueo articularMEDInmobilización patolóxica dolorosa e reincidente dunha articulación.
bloqueo cardíacoEstado en que o tecido de condución do corazón falla na transmisión normal dos impulsos eléctricos desde a aurícula aos ventrículos.
bloqueo ganglionarBloqueo da transmisión do estímulo nervioso nos ganglios do sistema nervioso autónomo.
bloqueo menínxeoInterrupción patolóxica da circulación do líquido cefalorraquídeo.
dispositivo de bloqueoPezas eléctricas ou mecánicas que impiden o funcionamento dun aparato.
Citas
A defensa saltou ao mesmo tempo para facilitar o bloqueo, O árbitro sancionou con tiros libres o bloqueo irregular do aleiro
A manifestación produciu un bloqueo que repercutiu no tráfico da cidade
Non puído saír o gas tóxico da cámara gracias aos dispositivos de bloqueo
O bloqueo do sistema nervioso foi consecuencia da operación á que foi sometida
O bloqueo soviético sobre Berlín foi solucionado cunha ponte aérea