cerceta

< lat v *cercedŭla, por querquedŭla
Plural: cercetas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos anátidos que se caracteriza por ser de pequeno tamaño, ter os machos a cabeza de cores escuras con listas ou antefaces contrastados, e por alimentarse na auga doce sen mergullarse.
  2. cerceta azulada ANIMAL/ORNIT Cerceta de cabeza escura e azulada cunha media lúa branca.
  3. cerceta común ANIMAL/ORNIT Cerceta de plumaxe agrisada, coa cabeza do macho vermella escura e cun anteface verde, lista horizontal branca sobre a ala e cu amarelo.
  4. cerceta pinta ANIMAL/ORNIT Cerceta co anteface ancho e escuro, pescozo longo e plumaxe de cor acastañada, salferida de branco.
  5. cerceta de fouces ANIMAL/ORNIT Cerceta en que o macho presenta unha coloración en xeral agrisada coa cabeza acastañada, lista ocular ancha de cor verde e unha longa crista.

Variantes

Sinónimos