sfUnidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célulaprocariota que non ten membrana nuclear e a célulaeucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.
célula anexaCélula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.
célula autotróficaCélula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.
célula BlinfocitoB.
célula brancaleucocito.
célula cebadamastocito.
célula citotóxicaTipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas invitro. OBS: Tamén se denomina célulasNK.
célula de KüpfferCélula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.
célula de LangerhansCélula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.
célula de LeydigCélula intersticial secretora de esteroides, abundante entre os túbulos seminíferos dos testículos, que é estimulada pola hormona luteizante.
célula de MalpighiCada unha das células provistas de prolongacións espiñosas que se localizan no corpo mucoso de Malpighi.
célula de PurkinjeNeurona de gran tamaño e moi ramificada que existe na zona media da codia cerebral.
célula de rexeneraciónCélula indiferenciada que, durante o proceso de rexeneración, dá lugar a outras diferenzas.
célula de SchwannCélula que forma a vaíña de mielina das fibras nerviosas do sistema nervioso periférico dos vertebrados.
sfPOLÍTElemento de base de certas organizacións políticas, en particular dos partidos comunistas.
célula de BénardFÍSCélulas hexagonais que se forman no seo dun fluído por mor da convección e que aparecen cando hai unha diferenza de temperatura entre as dúas caras dunha capa de fluído.
célula electroquímicaTECNOLDispositivo en que se consegue unha reacción química grazas ao fornecemento de enerxía eléctrica.
célula fotoeléctricaTECNOLDispositivo electrónico que se basea no efecto fotoeléctrico destinado a converter unha radiación, xeralmente luminosa.
célula solarTECNOLCélula fotovoltaica destinada a producir enerxía eléctrica a partir da radiación.