celular

< célula
Pliral: celulares
  1. adx Relativo ou pertencente á célula.
  2. adx Que ten ou está constituído por células.
  3. adx DER Relativo ou pertencente ao sistema penitenciario que se basea no illamento dos presos en celas individuais.
  4. ciclo celular BIOL Secuencia de catro estadios polos que pasa unha célula.
  5. teoría celular BIOL Teoría básica da bioloxía que sinala o papel fundamental da célula que afirma que é a unidade morfolóxica e funcional dos seres vivos e que toda célula procede doutra.

Citas

  • Levaron o ladrón a unha prisión celular