célula

< lat cellŭla lat cella ‘oco’
Plural: células
  1. BIOL
    1. s f Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.
    2. célula anexa Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.
    3. célula autotrófica Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.
    4. célula B linfocito B.
    5. célula branca leucocito.
    6. célula cebada mastocito.
    7. célula citotóxica Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.
    8. célula de Küpffer Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.
    9. célula de Langerhans Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II  e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.
    10. célula de Leydig Célula intersticial secretora de esteroides, abundante entre os túbulos seminíferos dos testículos, que é estimulada pola hormona luteizante.
    11. célula de Malpighi Cada unha das células provistas de prolongacións espiñosas que se localizan no corpo mucoso de Malpighi.
    12. célula de Purkinje Neurona de gran tamaño e moi ramificada que existe na zona media da codia cerebral.
    13. célula de rexeneración Célula indiferenciada que, durante o proceso de rexeneración, dá lugar a outras diferenzas.
    14. célula de Schwann Célula que forma a vaíña de mielina das fibras nerviosas do sistema nervioso periférico dos vertebrados.
  2. s f POLÍT Elemento de base de certas organizacións políticas, en particular dos partidos comunistas.
  3. célula de Bénard FÍS Células hexagonais que se forman no seo dun fluído por mor da convección e que aparecen cando hai unha diferenza de temperatura entre as dúas caras dunha capa de fluído.
  4. célula electroquímica TECNOL Dispositivo en que se consegue unha reacción química grazas ao fornecemento de enerxía eléctrica.
  5. célula fotoeléctrica TECNOL Dispositivo electrónico que se basea no efecto fotoeléctrico destinado a converter unha radiación, xeralmente luminosa.
  6. célula solar TECNOL Célula fotovoltaica destinada a producir enerxía eléctrica a partir da radiación.