cadea

< lat catēna
Pliral: cadeas
    1. s f Sucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.
    2. s f MAR Conxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.
    3. s f TECNOL Sucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento.
    4. s f TÉXT Disposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.
    5. cadea de agrimensor METROL Cadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.
    6. cadeas antiescorregantes TRANSP Conxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.
  1. s f
    1. Conxunto de elementos semellantes que se suceden sen interrupción.
    2. COMUN Conxunto de emisoras que transmiten un mesmo programa producido nun centro emisor principal.
    3. COMUN Conxunto de emisoras de radionavegación que emiten uns sinais que indican a posición dun barco ou dun avión.
    4. ECON Conxunto de establecementos que forman parte dun negocio.
    5. MAT Conxunto totalmente ordenado.
    6. MAT Sucesión de variables aleatorias, de xeito que a distribución da probabilidade dunha delas depende dos valores obtidos polas anteriores.
    7. QUÍM Conxunto de átomos enlazados linealmente uns con outros e que constitúen o esqueleto dunha molécula ou dunha parte desta molécula.
    8. QUÍM Serie máis ou menos longa de átomos de carbono unidos consecutivamente ou ben formando ciclos.
    1. s f Serie ininterrompida de feitos ou de ideas que dependen uns dos outros.
    2. cadea de montaxe IND Conxunto de máquinas e equipos empregados na fabricación en cadea.
    3. cadea respiratoria/transportadora de electróns BIOL Sistema de transporte de electróns que se aproveita na oxidación biolóxica de substratos para a obtención da enerxía redutora que conteñen, e que se atopa nas membranas das mitocondrias e das bacterias.
    4. cadea trófica/alimentaria/nutricional ECOL Concepto ecolóxico que describe as relacións de produción, depredación ou aproveitamento nunha sucesión lineal de organismos, que constitúen os distintos niveis ou elos da cadea.
    5. traballo en cadea IND Sistema de produción no que o material pasa por diferentes máquinas ou equipos, dispostos para que cada un efectúe a operación correspondente á orde que ocupa no proceso.
  2. s
    1. DER Pena de reclusión nun presidio que pode ser temporal ou para toda a vida.
    2. Lugar no que cumpre a súa pena un presidiario.
    3.   Ligazón que condiciona a liberdade dunha persoa.
  3. s f AUTOM Conxunto de elementos que serven para asegurar a emisión, a transmisión e a recepción de sinais nun servosistema ou nunha regulación.
  4. s f Transmisión multiplicada de oracións que ameaza desgrazas, en caso de romperse, ou que promete acontecementos afortunados, se se continúan as oracións.
  5. s f
    1. Parte do carro que atravesa a armazón, dunha banda da cheda á outra, e que dá forma á estrutura da grade e sostén o piso.
    2. Cada un dos paus encorvados que forman parte do carro, onde vai metido o pescozo dos animais de tiro.
  6. s f TECNOL Equipo de reprodución de son que comprende unha fonte, un amplificador e os elementos reprodutores.
  7. cadea fónica/falada LING/FILOL Conxunto indeterminado de elementos fónicos dotado de significación nunha lingua calquera.

Citas

  • Cambiei de cadea porque non me gustaba a programación
  • Cando subían a áncora a cadea estaba chea de algas
  • Cometeu un delicto cando era novo e pasou varios anos na cadea
  • Despois de algún tempo ningún dos dous se sentía cómodo coa cadea do matrimonio
  • Este hotel pertence a unha cadea de hostalería con establecementos en toda Europa
  • Fixemos unha cadea humana para pedir melloras no ensino
  • Mecanizaron parte da cadea de montaxe da fábrica e varios obreiros quedaron sen emprego
  • Ponlle o cadeado á maleta antes de marchares.
  • Regaloulle unha cadea de ouro, O portal está pechado cunha cadea chea de ferruxe
  • Toda a familia sufriu unha cadea de desastres naquelas datas
  • Visitamos a cadea dos Alpes antes da temporada de inverno

Frases hechas

  • En cadea loc adv En sucesi

Refranes

  • As silveiras e os ladrón s, inda que se prendan, non son bos.

Palabras vecinas