cadeira

< lat v cathēdra lat cathĕdra ‘asento’
Pliral: cadeiras
  1. s f ANAT Rexión anatómica sobresaínte, situada entre o van e as coxas, e formada polo ensanchamento dos cadrís.
    1. s f Asento individual con respaldo, con ou sen brazos, xeralmente con catro patas.
    2. s f Banqueta con tres patas utilizada como asento.
    3. cadeira con ouriñal Cadeira destinada aos nenos pequenos ou á xente maior imposibilitada, cun burato redondo no asento, para colocar un ouriñal.
    4. cadeira de brazos Cadeira con barras laterais para descansar os brazos.
    5. cadeira de rodas Cadeira con rodas laterais grandes, a miúdo pregable, que permite o desprazamento ás persoas incapacitadas.
    6. cadeira eléctrica Cadeira que se utiliza para executar as persoas que están condenadas a pena de morte mediante unha descarga eléctrica.
    7. cadeira xestatoria RELIX Asento construído enriba dunhas angarellas, que foi utilizado polos papas.
  2. s f Mango do trade.

Confrontaciones

Citas

  • Case non pode andar porque hai pouco que caeu e rompeu a cadeira
  • O zapateiro traballa sentado sobre unha cadeira pequena pero moi xeitosa
  • Precisamos dúas cadeiras máis, porque aínda hai xente de pé

Formas incorrectas

1silla (para sentarse), sillón

Palabras vecinas