sfSucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.
sfMARConxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.
sfTECNOLSucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento.
sfTÉXTDisposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.
cadea de agrimensorMETROLCadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.
cadeas antiescorregantesTRANSPConxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.
sf
Conxunto de elementos semellantes que se suceden sen interrupción.
COMUNConxunto de emisoras que transmiten un mesmo programa producido nun centro emisor principal.
COMUNConxunto de emisoras de radionavegación que emiten uns sinais que indican a posición dun barco ou dun avión.
ECONConxunto de establecementos que forman parte dun negocio.
MATConxunto totalmente ordenado.
MATSucesión de variables aleatorias, de xeito que a distribución da probabilidade dunha delas depende dos valores obtidos polas anteriores.
QUÍMConxunto de átomos enlazados linealmente uns con outros e que constitúen o esqueleto dunha molécula ou dunha parte desta molécula.
QUÍMSerie máis ou menos longa de átomos de carbono unidos consecutivamente ou ben formando ciclos.
sfSerie ininterrompida de feitos ou de ideas que dependen uns dos outros.
cadea de montaxeINDConxunto de máquinas e equipos empregados na fabricación en cadea.
cadea respiratoria/transportadora de electrónsBIOLSistema de transporte de electróns que se aproveita na oxidación biolóxica de substratos para a obtención da enerxía redutora que conteñen, e que se atopa nas membranas das mitocondrias e das bacterias.
cadea trófica/alimentaria/nutricionalECOLConcepto ecolóxico que describe as relacións de produción, depredación ou aproveitamento nunha sucesión lineal de organismos, que constitúen os distintos niveis ou elos da cadea.
traballo en cadeaINDSistema de produción no que o material pasa por diferentes máquinas ou equipos, dispostos para que cada un efectúe a operación correspondente á orde que ocupa no proceso.
s
DERPena de reclusión nun presidio que pode ser temporal ou para toda a vida.
Lugar no que cumpre a súa pena un presidiario.
Ligazón que condiciona a liberdade dunha persoa.
sfAUTOMConxunto de elementos que serven para asegurar a emisión, a transmisión e a recepción de sinais nun servosistema ou nunha regulación.
sfTransmisión multiplicada de oracións que ameaza desgrazas, en caso de romperse, ou que promete acontecementos afortunados, se se continúan as oracións.
sf
Parte do carro que atravesa a armazón, dunha banda da cheda á outra, e que dá forma á estrutura da grade e sostén o piso.
Cada un dos paus encorvados que forman parte do carro, onde vai metido o pescozo dos animais de tiro.
sfTECNOLEquipo de reprodución de son que comprende unha fonte, un amplificador e os elementos reprodutores.
cadea fónica/faladaLING/FILOLConxunto indeterminado de elementos fónicos dotado de significación nunha lingua calquera.