cacao

< nahuatl cacahuatl ‘carozo de cacao’
Pliral: cacaos
  1. s m PLANTA Árbore, da familia das esterculiáceas, con follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cor vermella e amarela, e inodoras, e froito en cápsula, denominado mazaroca.
  2. ALIM
    1. s m Semente ou gran do cacao, constituínte básico do chocolate.
    2. cacao en po Cacao sometido a un proceso de moído, procedente do prensado no que se extrae a manteiga.
    3. cacao soluble Cacao en po, enriquecido con varias substancias edulcorantes e aromatizantes, que se disolve facilmente.
    4. crema de cacao Preparado comercial de consistencia pastosa ideado para untar e constituído fundamentalmente por azucre e graxas, aromatizado con cacao.