cacahuete

< nahuatl cacahuatl ‘cacao de terra’
Pliral: cacahuetes
  1. s m PLANTA Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, con talos rastreiros e pilosos, follas pinnadas, flores amarelas que saen das axilas das follas inferiores e froito en legume.
  2. s m BOT/ALIM Froito do cacahuete, que consiste nun legume de casca dura que garda no seu interior dúas ou tres sementes.
  3. ALIM
    1. s m Semente do cacahuete que ten un elevado poder enerxético e un alto contido en calcio e fósforo.
    2. manteiga de cacahuete Preparado que serve para untar e que se elabora coa graxa da semente de cacahuete.

Palabras vecinas