smPLANTAÁrbore, da familia das esterculiáceas, con follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cor vermella e amarela, e inodoras, e froito en cápsula, denominado mazaroca.
ALIM
smSemente ou gran do cacao, constituínte básico do chocolate.
cacao en poCacao sometido a un proceso de moído, procedente do prensado no que se extrae a manteiga.
cacao solubleCacao en po, enriquecido con varias substancias edulcorantes e aromatizantes, que se disolve facilmente.
crema de cacaoPreparado comercial de consistencia pastosa ideado para untar e constituído fundamentalmente por azucre e graxas, aromatizado con cacao.