cabra

< lat capra
Pliral: cabras
  1. ANIMAL
    1. s f Mamífero do xénero Capra, da familia dos bóvidos, de pezuño fendido, constitución forte e extremidades áxiles, o rabo moi curto e levantado e a cabeza de perfil recto.
    2. cabra alpina [Capra ibex] Cabra, da familia dos bóvidos, con cornos curvados cara a atrás nun mesmo plano.
    3. cabra das neves [Oreamnos americanus] Antílope, da familia dos bóvidos, de pelo totalmente branco, moi denso e longo, e cos cornos circulares.
    4. cabra montesa [Capra pyrenaica] Cabra, da familia das bóvidos, exclusiva da Península Ibérica que ten o pelame de cor castaña no verán e agrisada con manchas negras no inverno. Os machos presentan cornos grosos, longos e curvados.
  2. ANIMAL/ICT
    1. s f Peixe, da familia dos serránidos, de corpo alongado e cor vermella forte.
    2. cabra de altura [Helicolenus dactylopterus] Peixe, da familia dos escorpénidos, que carece de vexiga natatoria.
    3. cabra de mar [Pontinus kuhlii] Peixe, da familia dos escorpénidos, que presenta cor avermellada, diseminada de amarelo, con numerosas manchas escuras nos lados do corpo.
  3. s f ANIMAL/ENTOM Percebella acuática, das familias dos vélidos e dos xérridos, que viven na superficie da auga, en zonas calmas ou de corrente lenta.
  4. s f Cabeza de oito ou nove mallas da arte de pesca con veta.
  5. s f pl Herbas ou pallas que quedan sen segar.
  6. s f pl Ronchas vermellas que se forman na pel a causa de estar preto do lume.

Frases hechas

  • A cabra cega, monte aberto. Deixar a cadaqu
  • Aire de cabra fanada. Vento que anuncia tempo de chuvia e fr
  • Estar coma unha cabra. Estar tolo.

Refranes

  • Á cabra cega, monte langa.
  • A cabra é tola: por ande vai unha van todas.
  • Ás veces a cabra polo coitelo laia.
  • Cabra, viña e harta, o seu dono á porta.
  • SaItou a cabra na viña e tamén saltará a filla.