sfMamífero do xénero Capra, da familia dos bóvidos, de pezuño fendido, constitución forte e extremidades áxiles, o rabo moi curto e levantado e a cabeza de perfil recto.
cabra alpina [Capra ibex]Cabra, da familia dos bóvidos, con cornos curvados cara a atrás nun mesmo plano.
cabra das neves [Oreamnos americanus]Antílope, da familia dos bóvidos, de pelo totalmente branco, moi denso e longo, e cos cornos circulares.
cabra montesa [Capra pyrenaica]Cabra, da familia das bóvidos, exclusiva da Península Ibérica que ten o pelame de cor castaña no verán e agrisada con manchas negras no inverno. Os machos presentan cornos grosos, longos e curvados.
ANIMAL/ICT
sfPeixe, da familia dos serránidos, de corpo alongado e cor vermella forte.
cabra de altura [Helicolenus dactylopterus]Peixe, da familia dos escorpénidos, que carece de vexiga natatoria.
cabra de mar [Pontinus kuhlii]Peixe, da familia dos escorpénidos, que presenta cor avermellada, diseminada de amarelo, con numerosas manchas escuras nos lados do corpo.
sfANIMAL/ENTOMPercebella acuática, das familias dos vélidos e dos xérridos, que viven na superficie da auga, en zonas calmas ou de corrente lenta.
sfCabeza de oito ou nove mallas da arte de pesca con veta.
sf plHerbas ou pallas que quedan sen segar.
sf plRonchas vermellas que se forman na pel a causa de estar preto do lume.
Frases feitas
A cabra cega, monte aberto. Deixar a cadaqu
Aire de cabra fanada. Vento que anuncia tempo de chuvia e fr