fArtefacto de ferro ou doutro material resistente, de forma xeralmente esférica ou cilíndrica, cheo de pólvora ou doutro explosivo e provisto de mecha ou espoleta.
bomba atómica/nuclearBomba cargada de materiais susceptibles de liberar dun xeito incontrolado a enerxía de fisión ou de fusión de determinados núcleos atómicos.
bomba bacteriolóxicaBomba cargada de microorganismos patóxenos susceptibles de ser espallados ao rebentar a carcasa do artefacto.
bomba de napalmBomba incendiaria que contén unha substancia inflamable composta de gasolina e xabóns de aluminio que transforma o combustible nunha xelatina denominada napalm.
bomba de neutróns/neutrónicaBomba de hidróxeno en que os compoñentes están dispostos de xeito que a penetración da radiación neutrónica é maior ca a producida pola explosión nuclear común.
bomba químicaBomba cargada dun produto químico de acción diversa que se dispón en forma de aerosol ou vapor ao estoupar o artefacto mediante a acción dunha carga explosiva auxiliar.
bomba termonuclearBomba nuclear baseada na fusión de núcleos atómicos.
fArtefacto ou material explosivo que se lanza ou se coloca coa man.
bomba de palenqueFoguete de gran tamaño e potencia moi empregado nas festas.
bomba de reloxaríaArtefacto explosivo axuntado a un mecanismo de reloxaría que determina o momento da súa explosión.
bomba lacrimóxenaArtefacto que, ao estoupar, libera gases lacrimóxenos.
f colNoticia inesperada e explosiva que causa unha gran sorpresa.
bomba volcánicaXEOLFragmento arredondado de lava que sae expelido durante unha erupción volcánica.