bomba

< fr pompe ‘pompa’
  1. TECNOL
    1. f Aparato destinado a provocar o movemento dun fluído ao longo dun conduto, nun sentido determinado, mediante unha achega de enerxía mecánica que se transforma nun aumento de altura de carga.
    2. bomba de aceite Bomba que subministra aceite para a lubrificación dun motor de explosión accionada xeralmente polo mesmo motor mediante a árbore de levas.
    3. bomba de auga Bomba que nun automóbil forza a circulación da auga de refrixeración entre o bloque motor e o radiador.
    4. bomba de baleiro Bomba que se utiliza para eliminar o aire ou outros gases dun recipiente ou recinto, para diminuír a presión.
    5. bomba de gasolina Bomba que aspira a gasolina do depósito e a fai chegar ao carburador dun motor de explosión.
  2. f Aparato para inflar globos e outras cámaras de aire.
  3. f MÚS Segmento de tubo en forma de U que se empalma a algúns instrumentos musicais de metal e que se pode sacar máis ou menos para modificar a súa afinación.
  4. bomba de calor FÍS/TECNOL Aparato que provoca un fluxo de enerxía desde un foco frío ata un foco quente por medio da achega do traballo mecánico dunha bomba.
  5. bomba de cobalto MED Equipo instrumental destinado á práctica da cobaltoterapia.
  6. bomba de infusión MED Aparato que se emprega para administrar medicamentos de xeito continuado ou intermitente.
  7. bomba de osíxeno MED Recipiente de goma ou de ferro que contén osíxeno para ser administrado aos que padecen insuficiencia respiratoria.
  8. bomba de sodio/de sodio e de potasio FISIOL Mecanismo encimático que, mediante o consumo de enerxía, tende a manter óptima a concentración de sodio e de potasio no interior da célula.

Citas

  • O pai inchoulle o balón coa bomba