bloque
fr bloc neerl blok ‘bloque’
-
m
Masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada.
-
m
Feixe de follas de papel prensadas, que se empregan xeralmente para realizar anotacións.
-
m
Reunión de cousas que constitúen un todo homoxéneo e coherente.
-
m
Edificio constituído por varias casas de estrutura e características semellantes.
-
m
Elemento dun diagrama de bloques.
-
m
[ENX ]
Conxunto de elementos que forman unha parte compacta dun aparello electrónico.
-
m
[FILAT ]
Conxunto de selos dispostos en forma vertical ou horizontal.
-
bloque de cilindros
[ENX ]
Peza de fundición onde se mecanizan os cilindros do motor ou os aloxamentos das camisas.
-
bloque diagrama
[XEOG ]
Representación gráfica en que se visualizan simultaneamente os cortes xeolóxicos levantados ao longo das dúas dimensións dun plano e a topografía do relevo superior.
-
bloque errático
[XEOG ]
Pena de grandes dimensións arrincada dos flancos dun val glaciario por un glaciar.
-
bloque monetario
[ECON ]
Acordo establecido entre diversos países para ligar as súas moedas a unha común non convertible en ouro.
-
bloque motor
[ENX ]
Conxunto do motor, o embrague e o cambio de marchas.
Confrontacións
corpoCitas
- Anotei os números de teléfono que me deron nese bloque de notas
- Dividimos todos os libros en dous grandes bloques de ciencias e letras
- Os partidos formaron un bloque moi sólido contra o terrorismo, O bloque de esquerdas votou a favor do aborto
- Transportou todos os bloques de cemento dunha soa viaxe, Un bloque de granito caeu do guindastre e destrozou un coche
Frases feitas
-
En bloque loc adv En conxunto, ser facer distinci