bispo
bispo
lat episcopu ‘bispo’ gr επισκοπός ‘garda, protector’
-
m
[RELIX ]
Cristián que recibiu a ordenación episcopal e que ten ao seu cargo o coidado espiritual e o goberno eclesiástico dunha diocese.
-
bispo auxiliar
[RELIX ]
Bispo nomeado para axudar a outro bispo na administración da súa diocese.
-
bispo coadxutor
[RELIX ]
Bispo nomeado para axudar a outro con certa xurisdición e con dereito de sucesión automática no momento do cesamento do titular.
Citas
- Foi bispo noutra diocese antes de ser arcebispo