bispado

bispado

bispo

  1. m [RELIX ]

    Dignidade de bispo.

  2. m [RELIX ]

    Territorio eclesiástico en que ten xurisdición un bispo.

  3. m [RELIX ]

    Residencia do bispo e oficinas da súa administración.

  4. m [RELIX ]

    Período de goberno dun bispo.

Sinónimos

Confrontacións

arcebispado, arquidiocese

Citas

  • A homilía lerase en todas as parroquias do bispado de Tui-Vigo
  • A partida de bautismo tela que pedir no bispado
  • Co bispado de Xelmírez, Compostela converteuse nun gran foco de cultura
  • O arcediago é un serio candidato ao bispado

Formas incorrectas

obispado

Palabras veciñas

bisneto -ta biso bisonte bispado bispal bispel bispo