bicada
bicada
lat beccu celt becc ‘pico’
-
f
Acción e efecto de bicar.
-
f
Comida que a ave leva dunha vez no peteiro para alimentar as súas crías.
-
f fig
Parte boa dalgunha cousa que se obtén con pouco traballo ou a baixo prezo.
Sinónimos
Citas
- A bubela levaba varios bechos na mesma bicada
- Correspondeulle unha boa bicada da herdanza dos seus pais
- Facía tanto que non o vía que se botou a el e lle deu unha bicada moi forte
- Sentín un golpe na xanela e vin que un paxaro dera unha boa bicada contra o vidro