bendición
lat benedictiōne
-
f
Acción de bendicir.
-
-
Fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais.
-
bendición apostólica
Bendición que concede o papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.
-
bendición co Santísimo
Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do Santísimo Sacramento.
-
bendición de ramos
Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.
-
bendición papal/pontifical/episcopal
Bendición dada polo papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades.
-
bendición urbi et orbi
Bendición solemne que en determinadas datas imparte o papa en Roma para todo o mundo.
-
-
f
Situación, acontecemento ou persoa que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Esta chuvia foi unha bendición para a colleita
- O Papa bendiciu a todos os que se achegaron a el, Antes de subir ao avión a súa nai deulle a bendición
- Tradicionalmente a panadeira faille a bendición á masa do pan