bendición

bendición

lat benedictiōne

  1. f

    Acción de bendicir.

    1. Fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais.

    2. bendición apostólica

      Bendición que concede o papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.

    3. bendición co Santísimo

      Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do Santísimo Sacramento.

    4. bendición de ramos

      Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.

    5. bendición papal/pontifical/episcopal

      Bendición dada polo papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades.

    6. bendición urbi et orbi

      Bendición solemne que en determinadas datas imparte o papa en Roma para todo o mundo.

  2. f

    Situación, acontecemento ou persoa que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Esta chuvia foi unha bendición para a colleita
  • O Papa bendiciu a todos os que se achegaron a el, Antes de subir ao avión a súa nai deulle a bendición
  • Tradicionalmente a panadeira faille a bendición á masa do pan

Palabras vecinas

bencilo bencina bencino bendición bendicir bendito -ta bene valete*