coidado

coidado

lat cogitātu ‘pensamento’

Plural: coidados
  1. s m

    Acción de coidar ou coidarse.

  2. s m

    Interese que se pon ao facer algunha cousa.

  3. interx

    Expresión para avisar dun perigo.

Sinónimos

Confrontacións

cargo

Citas

  • Déronlle o coidado da estación principal
  • Estivo en coidados intensivos durante un mes
  • O coidado do coche é algo que leva o seu tempo, O coidado do neno quítalle moito tempo
  • Puxo moito coidado ao pintar as portas

Refráns

  • Alí pon a galiña os ollos onde pon os ovos.
  • Alí ten a galiña os ollos onde ten os ovos.
  • Como se coida o corpo, hai que coida-la horta e o porco.
  • Como te procuras, así duras.
  • Con ferradura ou sen ferradura coida ben a túa mula.
  • Ninguén turra do rabo do poldro coma seu dono.
  • Onde a galiña pon os ovos, alí se lle van os ollos.
  • Onde a pega ten o ollo, alí ten o seu ovo.
  • Os pes do hortelán non botan de perda a horta.

Palabras veciñas

coia coial coiazo coidado coidador -ra coidadoso -sa coidar