barra
lat v *barra ‘divisoria’?
-
f
Peza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.
-
f
-
Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.
-
Mostrador no seu conxunto.
-
-
f
Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.
-
f
Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.
-
f
[DEP ]
Aparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.
-
f
[ESPECT ]
Pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.
-
f
[FÍS ]
Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.
-
f
[GRÁF ]
Liña ampla trazada sobre unha superficie.
-
f
[LING ]
Signo ortográfico auxiliar que consiste nunha raia en diagonal (/) ou vertical (|).
-
f
[MAR ]
ara que serve para virar o cabrestante movendo a man.
-
f
[MAT ]
Liña empregada na notación matemática para expresar graficamente diversas operacións.
-
f
[XEOG ]
Depósito de sedimentos de grava, area ou limo, mergullado ou emerxido, de orixe detrítica, que normalmente aparece ben no litoral, ben na confluencia dun río cun afluente.
-
barra colectora
[FÍS ]
Cada un dos condutores paralelos ao que acoden todas as liñas enlazadas cunha central eléctrica. OBS: Tamén se denomina barra ómnibus ou barra de transferencia.
-
barra de compás
[MÚS ]
Raia trazada verticalmente sobre o pentagrama, que indica o acento métrico principal da unidade de tempo musical chamada compás.
-
barra de dirección
[ENX ]
Barra que une a panca da dirección ou os extremos da cremalleira coa panca de mando das rodas directrices dun vehículo.
-
barra de harmonía
[MÚS ]
ara longa, adherida á cara interior da tapa dos instrumentos de corda, paralela ás cordas, que actúa como reforzo, para soster a presión que producen as cordas sobre a tapa a través da ponte e para comunicar as vibracións.
-
barra de unión das rodas
[TECNOL ]
Barra ou barras que unen as rodas directrices dun vehículo entre si.
-
barra litoral
[XEOG ]
Barra formada na desembocadura dos ríos no mar, nas rías, baías, esteiros ou praias por efecto da deriva litoral das correntes mariñas, das mareas e da ondada, ou da combinación destes procesos coa dinámica fluvial.
Sinónimos
Citas
- Con tantas barras case non se ve a lúa
- Deu un golpe coa barra do mostrador
- Gústalle tanto o xeado, que comeu unha barra enteira, Hoxe os nenos non comen na casa, así que trae só unha barra da pan
- Intentei mover a pedra coa barra de madeira, pero case parte
- Mercamos a barra para as cortinas en ferro forxado
- Os amortecedores levan barras de aceiro.
- Subiu o prezo do ouro en barra
- ¿Compraches a barra de xamón?
- ¿Sentamos nas mesas ou tomamos o café na barra?
Frases feitas
-
Barra libre. Expresi