bálsamo
lat balsamu gr βάλσαμον
-
m
Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais.
-
-
Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.
-
bálsamo de Canadá
Oleorresina máis próxima ás trementinas ca os bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea. Emprégase en preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos.
-
-
m
Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.
-
m fig
Calquera cousa que alivia unha pena ou aflición.
Citas
- Coller as vacacións foi un bálsamo para todos eles