baixo -xa

baixo -xa

lat v bassu ‘gordo e pouco alto’

Plural: baixos Masculino: baixo Masculino plural: baixos Feminino: baixa Feminino plural: baixas
  1. adx

    Que ten pouca altura.

  2. adx

    Que está situado nun nivel inferior ao normal.

  3. adx

    Que está en dirección á terra ou cara ao solo.

  4. adx

    Que presenta un prezo inferior ao habitual.

  5. adx

    Que presenta pouca intensidade. Tm adv.

  6. adx

    Que é de pouca categoría ou importancia.

  7. adx
    1. Aplícase ao período cronoloxicamente posterior, tardío ou próximo ao final, referido a unha época histórica.

    2. Aplícase á estación ou a unha tempada en que hai menos concorrencia de xente.

    1. adx

      Que é grave. Tm s m, referido a son ou a voz.

    2. baixo eléctrico

      Instrumento musical cordófono con son amplificado electricamente que se emprega no acompañamento das composicións musicais para resaltar ritmicamente con tonalidades baixas.

  8. m [XEOG ]

    baixío.

  9. m

    Parte inferior dalgunha cousa.

  10. m

    Parte dun edificio que está ao mesmo nivel ca a rúa.

  11. Indica un lugar inferior. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición de formando a locución prepositiva baixo de.

  12. baixa frecuencia
    1. Frecuencia de corrente alterna (BF) empregada para as transmisións radiofónicas.

    2. audiofrecuencia.

    3. Radiofrecuencia comprendida entre 30 e 300 kHz. Represéntase por LF.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A lingua dun rufián adoita presentar un rexistro baixo
  • A Semana Santa cadrou moi baixa
  • Aínda que traballemos en sitios diferentes, estamos todos baixo o mesmo capataz
  • Andar coa cabeza baixa
  • As Revoltas Irmandiñas producíronse na Baixa Idade Media
  • Brilla moito, pero a prata é máis baixa
  • É inadmisible que tivese un proceder tan baixo
  • É unha zona de casas baixas, Iniciamos a viaxe cando o sol aínda estaba moi baixo
  • Ese libro está na parte baixa da estantería
  • Esta lei promulgouse baixo o goberno anterior
  • Esta peza é apropiada para unha tesitura máis baixa
  • Falaba tan baixo que case non se lle entendía, Sentín que alguén cantaba unha canción baixiña moi bonita
  • Hai que tensar as cordas da guitarra porque dá as notas moi baixas
  • Limparon os baixos do coche
  • Na obra están moi ben caracterizados os personaxes baixos
  • No baixo do edificio abriron un supermercado
  • No verán é máis baixo o prezo da sardiña
  • O neno é un pouco baixo
  • O río levaba pouca auga e a barca encallou nos baixos
  • Os nenos xogaban a agocharse baixo da mesa
  • Viaxamos en temporada baixa porque é máis barato
  • Xustificouse dicindo que estaba baixo os efectos do alcohol, Os nenos quedan baixo a túa responsabilidade

Frases feitas

  • Baixo man

  • . Voar baixo. Correr.

  • . Con disimulo, en voz baixa

  • . Secretamente

  • Polo baixo