tarde

tarde

lat tarde

Plural: tardes
  1. adv

    Despois de ter pasado o tempo oportuno ou considerado oportuno.

  2. adv

    A unha hora moi avanzada do día ou da noite.

  3. s f Á/pola tarde

    Parte do día comprendida entre o mediodía e o anoitecer. FRAS:

Frases feitas

  • De tarde loc adv Que madura ou d

Refráns

  • Á noite, Marica, dáme a roca.
  • Alá se foi o día despois da posta do sol.
  • Desque o sol se pon, logo a noite vén.
  • Irse tarde e recadar cedo, todo se vai en paseo.
  • Lobo tardeiro non volve baleiro.
  • Máis vale tarde que nunca.
  • Non chega tarde quen, á fin, chega.
  • Non tarda o que vén, sóo que espera paciencia ten.
  • Quen chega tarde nin oe misa nin come carne.
  • Raposa que moito tarda é que caza agarda.
  • Raposo preguiceiro chega tarde ao galiñeiro.
  • Soilo tarda o que se espera.
  • Tarde e mal son dous males.
  • Tarde e mal: dúas veces mal.
  • Tarde volveu o gato coa sardiña ao garabato.
  • Tarde, mal e nunca son tres malas pagas.