bacteria

bacteria

gr βακτηρία ‘bastón’

Plural: bacterias
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás bacterias.

  2. f [MONERA ]

    Microorganismo da clase das bacterias.

  3. f [MONERA ]

    Clase de microorganismos unicelulares de estrutura protocariótica, xeralmente heterotróficos e con multiplicación por escisiparidade transversa. A súa capacidade de transformación de determinados substratos e de síntese de distintas substancias útiles para os seres humanos, convertíronas na base de diversas industrias.

Confrontacións

bacilo, microbio, xerme