bacilo
bacilo
lat băcillu ‘bastón, variña’
-
m
[MONERA ]
Bacteria en forma de bastón que polo xeral ten carácter patóxeno.
-
bacilo de Bang
[MONERA ]
Bacteria en forma de bacilo, da familia das bruceláceas, axente do aborto epizoótico de bóvidos e porcos.
-
bacilo de Calmette e Guérin
[MONERA ]
Bacteria tuberculosa atenuada, máis coñecida pola sigla BCG.
-
bacilo de Hansen
[MONERA ]
Bacteria en forma de bacilo, da familia das micobacteriáceas, axente da lepra.
-
bacilo de Koch/tuberculoso
[MONERA ]
Bacteria en forma de bacilo, da familia das micobacterias, axente da tuberculose no home e noutros mamíferos.