azar

azar

ár az-zahr

Plural: azares
  1. s m

    Feito resultante dun conxunto de características imprevistas.

  2. s m

    Causa asignada aos  feitos dos que se descoñece a causa real ou que se atribúen unicamente á probabilidade.

  3. s m [BIOL ]

    Fenómeno aleatorio e impredicible que mina unha finalidade que non existe.

  4. s m [FILOS ]

    Carácter dun acontecemento que é o resultado da coincidencia de dous fenómenos que pertencen a series independentes na orde da causalidade.

  5. s m [MAT ]

    Conxunto de causas descoñecidas que producen un efecto non previsible.

  6. xogos de azar [XOGO ]

    Divertimentos en que unicamente o azar decide quen gaña e quen perde.

Sinónimos

Citas

  • Para gañar ou perder só conta o azar, Atopeime con ela na vila por un azar
  • Quedou sen nada nun deses azares da vida

Frases feitas

  • Por azar. Por casualidade.

Palabras veciñas

azamelar azancada azancar azar azar azarí azaroso -sa