avogado -da

avogado -da
Plural: avogados Masculino: avogado Masculino plural: avogados Feminino: avogada Feminino plural: avogadas
  1. s [DER ]

    Persoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.

  2. s

    Persoa que fala en defensa doutra.

  3. s [DER/RELIX ]

    Título aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.

  4. avogado da igrexa [HIST ]

    Defensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.

  5. avogado de oficio [DER ]

    Avogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.

  6. avogado do demo [RELIX ]

    Nome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.

  7. avogado do estado [DER ]

    Letrado do estado.

Frases hechas

  • Avogado das silveiras. Persoa que induce a outras a preitos ou a disputas, actuando de mala fe ou perseguindo alg

  • Ser avogado dos pobres. Ser xeneroso cos demais.

Formas incorrectas

abogado -da

Refranes

  • A consulta do avogado hai que lela con coidado.
  • Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado.
  • O bo avogado non é bo veciño.
  • O bo avogado non é mal veciño.
  • O que vai ao avogado poucas veces volve desconsolado.
  • Ó teu avogado non o traias enganado.

Palabras vecinas

avoceta avoengo avogacía avogado -da avogar avogoso -sa avoirdupois*