avaro -ra
avaro -ra
lat avāru ‘cobizoso’
adx
Que ten avaricia. Tm s.
Ex: De tan avaro que é non dá nin as gracias, A miúdo os avaros morren na miseria moral.
Confrontacións
cutre, rañas, rañicasCitas
- De tan avaro que é non dá nin as gracias, A miúdo os avaros morren na miseria moral.
Refráns
- A bulsa do avaro ábrea o diaño.
- A carne no teito e a fame no peito.
- A galiña enriba do ovo e o cutreño enriba do ouro.
- A quen come ben o pan, é pecado darlle o compango.
- Aforra o avaro e non sabe para quen nin para cando.
- Aforrar, aforra o usureiro, mais non sabe a ande irá o seu diñeiro.
- Avarento pobre non hai migalla que lle sobre.
- Avarento rico non coñece parente nin amigo.
- Ben burro é quen burro ten; pero inda é máis burro que, podendo, non o ten.
- Cada un quere leva-la auga ao seu muíño e deixar en seco o do veciño.
- Canto máis se ten, máis se quer.
- Coida O avarento que gasta por un e gasta por un cento.
- Está no medio do río e morre de sede o mesquiño.
- Home avarento por un perde un cento.
- Inda non está morto e xa está esfolado.
- Mans que non dades ¿qué buscades?
- Moitas veces o avaro aforra para o diaño.
- Na arca do avarento, o demo está dentro.
- Na arca do avarento, o diaño dorme dentro.
- Na hucha do avarento anda o diaño dentro.
- Ninguén debe vivir pobre por morrer rico.
- O avarento é o mellor amigo do demo.
- O avarento nin rico nin pobre está contento.
- O avarento pon nos cartos todo o entendemento.
- O avarento sempre está famento e sedento.
- O avarento, onde ten o tesouro, ten o pensamento.
- O avaro garda ben e non sabe para quen.
- O que cae da man, iso para meu irmán.
- O que ten chea a tulla, non ten porque ter carpulla.
- O que vive pobre e morre rico, é ben borrico.
- Pensa o avarento que gasta por un e gasta por cento.
- Quen aforra o pan non quere ben aos fillos.
- Quen ten roupa e darme no chan é un burricán.
- Se o avaro fora sol, a ninguén daba calor.