avaro -ra

avaro -ra

lat avāru ‘cobizoso’

Plural: avaros Masculino: avaro Masculino plural: avaros Feminino: avara Feminino plural: avaras
adx

Que ten avaricia. Tm s.

Ex: De tan avaro que é non dá nin as gracias, A miúdo os avaros morren na miseria moral.

Confrontaciones

cutre, rañas, rañicas

Citas

  • De tan avaro que é non dá nin as gracias, A miúdo os avaros morren na miseria moral.

Refranes

  • A bulsa do avaro ábrea o diaño.
  • A carne no teito e a fame no peito.
  • A galiña enriba do ovo e o cutreño enriba do ouro.
  • A quen come ben o pan, é pecado darlle o compango.
  • Aforra o avaro e non sabe para quen nin para cando.
  • Aforrar, aforra o usureiro, mais non sabe a ande irá o seu diñeiro.
  • Avarento pobre non hai migalla que lle sobre.
  • Avarento rico non coñece parente nin amigo.
  • Ben burro é quen burro ten; pero inda é máis burro que, podendo, non o ten.
  • Cada un quere leva-la auga ao seu muíño e deixar en seco o do veciño.
  • Canto máis se ten, máis se quer.
  • Coida O avarento que gasta por un e gasta por un cento.
  • Está no medio do río e morre de sede o mesquiño.
  • Home avarento por un perde un cento.
  • Inda non está morto e xa está esfolado.
  • Mans que non dades ¿qué buscades?
  • Moitas veces o avaro aforra para o diaño.
  • Na arca do avarento, o demo está dentro.
  • Na arca do avarento, o diaño dorme dentro.
  • Na hucha do avarento anda o diaño dentro.
  • Ninguén debe vivir pobre por morrer rico.
  • O avarento é o mellor amigo do demo.
  • O avarento nin rico nin pobre está contento.
  • O avarento pon nos cartos todo o entendemento.
  • O avarento sempre está famento e sedento.
  • O avarento, onde ten o tesouro, ten o pensamento.
  • O avaro garda ben e non sabe para quen.
  • O que cae da man, iso para meu irmán.
  • O que ten chea a tulla, non ten porque ter carpulla.
  • O que vive pobre e morre rico, é ben borrico.
  • Pensa o avarento que gasta por un e gasta por cento.
  • Quen aforra o pan non quere ben aos fillos.
  • Quen ten roupa e darme no chan é un burricán.
  • Se o avaro fora sol, a ninguén daba calor.