ataxia
ataxia
gr ἀ ταξία ‘desorde’
-
s
f
[PAT ]
Falta ou alteración da coordinación dos movementos.
-
ataxia callosa
[PAT ]
Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.
-
ataxia cerebelosa
[PAT ]
Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas.
-
ataxia frontal
[PAT ]
Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.
-
ataxia intrapsíquica
[PAT ]
Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.
-
ataxia medular/tabética
[PAT ]
Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal.
-
ataxia parietal
[PAT ]
Ataxia causada por lesións do lóbulo parietal.
-
ataxia periférica
[PAT ]
Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos.
-
ataxia talámica
[PAT ]
Ataxia ocasionada por lesión no tálamo.
-
ataxia vestibular
[PAT ]
Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].