atavismo

atavismo

lat atăvi ‘antepasados’

Plural: atavismos
  1. s m [XEN/ANTROP ]

    Aparición nun individuo caracteres ou trazos hereditarios presentes nun antepasado remoto, que non apareceran en xeracións anteriores.

  2. s m fig

    Inclinación a volver a un estadio primitivo.

Citas

  • O comer coas mans puidera ser un comportamento atávico
  • Os buraquiños que ten nas meixelas son unha mostra clara de atavismo

Palabras veciñas

ataviar atávico -ca atavío atavismo ataxada ataxia atáxico -ca