atallo

atallo

atallar

Plural: atallos
  1. s m

    Camiño máis curto entre un lugar de partida e outro de chegada.

  2. s m

    Método para facer máis breve algunha cousa.

  3. s m [CONSTR/ENX ]

    Obstrución provisional nun curso de auga para construír algunha obra.

  4. s m [ENX ]

    Elemento de obturación provisional nos fondos hidráulicos co fin de impedir o paso da auga.

Confrontacións

desviación, desvío

Citas

  • Como chegabamos con atraso, collemos un atallo para acurtar o camiño

Frases feitas

  • Botar polo atallo. Superar un atranco.

Refráns

  • Atallo quita traballo.
  • Hai camiños novos por atallos vellos.
  • Non déixe-Io mal camiño polo bo atallo.
  • Non haí atallo sen traballo, nin arrodeo sen recreo.
  • Quen moito anda, pouco atalla.