astucia

astucia

lat astutĭa

Plural: astucias
  1. s f

    Calidade de astuto.

  2. s f

    Acto de astucia.

  3. s f

    Modo enxeñoso de conseguir algo.

  4. s f

    Habilidade para conseguir algo empregando trucos.

  5. s f [DER ]

    Circunstancia agravante da responsabilidade criminal que consiste no uso dunha estratexia que facilita a comisión do delito.

Sinónimos

Confrontacións

falacia, finura

Citas

  • A astucia aconsella agardar o momento axeitado para pedir as cousas
  • A súa farsa non foi máis ca unha astucia para marchar de alí
  • Actuou con astucia para lograr o ascenso
  • Empregou a astucia para conseguir os seus propósitos

Refráns

  • A metade do ano con arte e engano; e a outra parte con engano e arte.
  • Cando o lobo vai roubar, lonxe das casas vaina buscar.
  • Haí quen mete os cans na bouza e queda fóra.
  • Has de collelas con tento e has de matalas calando.
  • Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vaise ao fondo.
  • O lobo vello de noite oubea.
  • O lume do ladrón dúas brasas e un tizón.
  • Quen non sabe pedir non sabe vivir.
  • Sirve a teu amo a sabor, se queres, de servidor, vir a ser señor.
  • Vin poucas mulleres, cal miña comadre: todos a enganala e non haí quen a engane.
  • ¡Palabra! -díxolle o lobo á cabra, para ver se a aloumiñaba.
  • ¡Pobriñas! Abrenvos tarde e non comedes -dixo o raposo ás galiñas.