engano

engano

enganar

Plural: enganos
  1. s m
    1. Acción e efecto de enganar ou enganarse.

    2. Acto ou palabra con que se engana.

  2. s m

    Situación do que está enganado.

Citas

  • Antes ou despois vai descubrir o teu engano
  • Todo o que che contou era un engano

Refráns

  • Con arte e con engano vívese a metade do ano; e con engano e arte, vívese a outra parte.
  • En todo hai engano na roda do ano.
  • Engana a quen te engane e despois ¡pase o que pase!
  • Non se engana o que non conta.
  • Non se engana quen non conta.
  • Nos anos non están tódolos enganos.
  • O cebo é o que engana, non o pescador nin a cana.
  • O engano e a laceira andan de feira en feira.
  • O que te engane unha ves, engánao, se podes, tres.
  • Para quen sexa home cristiano sempre ten que haber engano en vender estopa por liño e gato por lebre e xoana por viña.