repouso

repouso

repousar

Plural: repousos
  1. s m

    Acción de repousar.

  2. s m [FÍS ]

    Estado cinemático dun sistema físico respecto dun sistema de referencia, en que os puntos que o forman teñen as coordenadas constantes no transcurso do tempo.

  3. s m [BOT ]

    Retardo ou cese do crecemento das plantas ou das súas estruturas en épocas desfavorables, a causa do frío ou a falta de auga.

Refráns

  • A cama é boa cousa: o que non pode durmir, repousa.
  • A cama é o mellor repouso, que, anque non durma o ollo, descansa o óso.