voz

voz

lat voce

Plural: voces
  1. s f
    1. [FISIOL ]

      Son que se produce na larinxe polo paso do aire expirado a través das cordas vocais, postas previamente en contacto.

    2. Son emitido por unha persoa, un animal, un instrumento ou un fenómeno natural.

    3. Modalidade da voz humana caracterizada polo timbre e pola textura.

  2. s f

    Opinión xeral que manifesta unha colectividade determinada, ou medio de expresala.

  3. s f [LING ]

    Palabra ou vocábulo.

  4. s f [LING ]

    Categoría gramatical do verbo que indica a relación gramatical entre este, o suxeito e o complemento, en virtude da que o proceso verbal é atribuído ao suxeito considerado como axente ou como paciente.

  5. s f [DER/POLÍT ]

    Dereito a falar e a tomar parte nas deliberacións dunha xunta ou asemblea, con independencia da facultade de votar.