veciñanza
veciñanza
< veciño
-
s
f
Calidade de veciño.
-
s
f
-
Conxunto de veciños dunha poboación, dun barrio, dunha rúa ou dunha casa.
-
Grupo de casas veciñas ou próximas.
-
Refráns
- A mala veciña dá a agulla sen liña.
- Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas.
- Alegrádevos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas.
- Boas son as miñas veciñas pero fáltanme catro galiñas.
- Cando tiveres un mal veciño pide que non che veña outro máis maligno.
- Co bo veciño casarás a túa filla e venderás o teu viño.
- Co bo veciño venderás o teu viño e collerás o teu trigo.
- Co mal veciño faise o home precavido.
- Coa axuda do veciño matou meu pai un porquiño.
- Coa axuda dos veciños soben os gatos aos touciños.
- Compaña de malos veciños: poucos e mal avidos.
- De persoa atravesada arreda a túa morada.
- Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
- Dure a miña veciña o que a neve febreiriña.
- Non é boa veciña a que dá agulla sen liña.
- Non teñas por veciño fomo nin muíño.
- O bo veciño fai ao home desapercibido.
- O que non ten casa nin viña nin leira, avecíñase onde queira.
- O que ten cabras e fillos non pode estar a ben cos seus veciños.
- O que ten cabras e fillos nunca está a ben cos veciños.
- O rei e o río, non o teñas moi veciño pois, se se anoxa, todo o deixa varrido.
- O rei e o río, non os teñas por veciños, porque, se se asañan, todo cho deixan varrido.
- Os coidados do veciño hanse sentir con cuneas de viño.
- Ou estar ao pe da serra ou a cen leguas dela.
- Polo mal veciño non desfagas o teu niño.
- Quen ten un bo veciño ten un bo amigo.
- Refrán é moi antigo que é gran mal o mal veciño; e inda máis, se é do teu oficio.
- Se queres alcanzar posto de sabido, procura vivir onde sexas entendido.
- Se queres pasar por sabido, procura vivir onde non sexas coñecido.
- Se queres saber quen es, pregúntalle ao teu veciño.
- Veciño de pan e porco, el con fartura e ti sen conforto.
- Vivir ao pe da serra ou lonxe dela.