veciñanza

veciñanza

< veciño

Plural: veciñanzas
  1. s f

    Calidade de veciño.

  2. s f
    1. Conxunto de veciños dunha poboación, dun barrio, dunha rúa ou dunha casa.

    2. Grupo de casas veciñas ou próximas.

Refranes

  • A mala veciña dá a agulla sen liña.
  • Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas.
  • Alegrádevos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas.
  • Boas son as miñas veciñas pero fáltanme catro galiñas.
  • Cando tiveres un mal veciño pide que non che veña outro máis maligno.
  • Co bo veciño casarás a túa filla e venderás o teu viño.
  • Co bo veciño venderás o teu viño e collerás o teu trigo.
  • Co mal veciño faise o home precavido.
  • Coa axuda do veciño matou meu pai un porquiño.
  • Coa axuda dos veciños soben os gatos aos touciños.
  • Compaña de malos veciños: poucos e mal avidos.
  • De persoa atravesada arreda a túa morada.
  • Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
  • Dure a miña veciña o que a neve febreiriña.
  • Non é boa veciña a que dá agulla sen liña.
  • Non teñas por veciño fomo nin muíño.
  • O bo veciño fai ao home desapercibido.
  • O que non ten casa nin viña nin leira, avecíñase onde queira.
  • O que ten cabras e fillos non pode estar a ben cos seus veciños.
  • O que ten cabras e fillos nunca está a ben cos veciños.
  • O rei e o río, non o teñas moi veciño pois, se se anoxa, todo o deixa varrido.
  • O rei e o río, non os teñas por veciños, porque, se se asañan, todo cho deixan varrido.
  • Os coidados do veciño hanse sentir con cuneas de viño.
  • Ou estar ao pe da serra ou a cen leguas dela.
  • Polo mal veciño non desfagas o teu niño.
  • Quen ten un bo veciño ten un bo amigo.
  • Refrán é moi antigo que é gran mal o mal veciño; e inda máis, se é do teu oficio.
  • Se queres alcanzar posto de sabido, procura vivir onde sexas entendido.
  • Se queres pasar por sabido, procura vivir onde non sexas coñecido.
  • Se queres saber quen es, pregúntalle ao teu veciño.
  • Veciño de pan e porco, el con fartura e ti sen conforto.
  • Vivir ao pe da serra ou lonxe dela.