transición

transición

lat transitĭōne

Plural: transicións
  1. s f

    Acción de pasar dun estado, idea ou asunto a outro sen cambios bruscos.

  2. s f [FÍS ]

    Evolución cara a un estado de menor enerxía dun núcleo atómico que se atopa nun nivel excitado.

  3. elementos de transición [QUÍM ]

    Elemento que presenta unha configuración electrónica con capas d ou f parcialmente ocupadas.

  4. transición demográfica [DEMOG ]

    Proceso que experimenta unha sociedade que pasa dunha mortalidade e natalidade alta a unha baixa.