arranque

arranque

arrancar

Plural: arranques
  1. s m

    Acción e efecto de arrancar.

  2. s m

    Punto ou circunstancia onde comeza unha acción.

  3. s m

    Axitación violenta do ánimo con perda de control sobre os propios actos.

  4. s m

    Decisión ou enerxía para facer algo.

  5. s m

    Motor de arranque dun vehículo ou máquina.

Sinónimos

Citas

  • A túa moto fai moito ruído no arranque
  • Avariouse o arranque do coche
  • O arranque do seu enfado foron os celos
  • O seu arranque de ira abraiounos a todos
  • Os seus arranques eran moi orixinais
  • Temos arranque para iso e moito máis