ocorrencia

ocorrencia

ocorrer

Plural: ocorrencias
  1. s f

    Pensamento que se lle ocorre a alguén.

  2. s f

    Idea ou dito enxeñoso e repentino.

  3. s f

    Feito de ocorrer.

  4. s f [RELIX ]

    Coincidencia que resulta de que o día de celebración dunha festa sexa o mesmo ca o doutra.

Sinónimos

Confrontacións

acontecemento, agudeza, suceso

Citas

  • A ocorrencia dos casos tivo moita transcendencia na vila
  • Non sabiamos que facer ata que de repente María tivo unha ocorrencia xenial
  • Ríanse moito coas súas ocorrencias, era moi simpático