superstición
superstición
lat superstitĭōne
-
s
f
-
Reverencia excesiva ou medo ás cousas descoñecidas e misteriosas.
-
Crenza relixiosa considerada como irracional e errónea.
-
-
s
f
[RELIX ]
Atribución dunha forza oculta e sobrenatural a obxectos e acontecementos que non a posúen.
Refráns
- A casa composta e a morte á porta.
- A san Andrés de Teixido hai que ir morto ou vivo.
- Derramarse o viño é bo sinal; pero non o sal.
- En martes nin a cama mudes nin a roupa laves.
- En martes nin porco mates nin churra botes que pitos saque.
- En martes nin tea tezas nin roupa laves.
- En martes non cases / nin te embarques nin o teu porquiño mates.
- Máis dano fai un meigo que sete meigas.
- Non. andes con pau de uz sen facer antes a cruz.
- Nos meses de erre en pedra non te sentes.
- Nos meses que non teñen erre non te achegues ás mulleres.
- O mal dos ollos cúrase cos cóbados.
- Ó mal encontro faille a figa.
- O que de morto non vai a san Andrés de Teixido é porque foi de vivo.
- Vodas maiais, todas mortais.
- ¡Por esta cruz de pau, que non gañes outra mau!