superstición

superstición

lat superstitĭōne

Plural: supersticións
  1. s f
    1. Reverencia excesiva ou medo ás cousas descoñecidas e misteriosas.

    2. Crenza relixiosa considerada como irracional e errónea.

  2. s f [RELIX ]

    Atribución dunha forza oculta e sobrenatural a obxectos e acontecementos que non a posúen.

Refranes

  • A casa composta e a morte á porta.
  • A san Andrés de Teixido hai que ir morto ou vivo.
  • Derramarse o viño é bo sinal; pero non o sal.
  • En martes nin a cama mudes nin a roupa laves.
  • En martes nin porco mates nin churra botes que pitos saque.
  • En martes nin tea tezas nin roupa laves.
  • En martes non cases / nin te embarques nin o teu porquiño mates.
  • Máis dano fai un meigo que sete meigas.
  • Non. andes con pau de uz sen facer antes a cruz.
  • Nos meses de erre en pedra non te sentes.
  • Nos meses que non teñen erre non te achegues ás mulleres.
  • O mal dos ollos cúrase cos cóbados.
  • Ó mal encontro faille a figa.
  • O que de morto non vai a san Andrés de Teixido é porque foi de vivo.
  • Vodas maiais, todas mortais.
  • ¡Por esta cruz de pau, que non gañes outra mau!