nobreza

nobreza

nobre

Plural: nobrezas
  1. s f

    Calidade de nobre.

  2. s f
    1. Conxunto dos nobres dun lugar, considerado como unha clase social privilexiada, que por dereito hereditario ou concesión real, goza de determinados privilexios.

    2. Estrato social máis alto no Antigo Réxime.

Refráns

  • A súa alma na súa palma.
  • Aquel que de bos vén, por bo se ten.
  • Cada fillo de veciño ten os seus feitos por padriño.
  • Conde e condado e cebada para o gado.
  • Deixemos pais e avós e por nós sexamos bos.
  • O algo fai o fidalgo, que o sangue todo é vermello.
  • O fillo do fidalgo, un pe calzo e outro descalzo.
  • Por nosoutros sexamos bos e non polos nosos avós.
  • Señorío pobre, señorío podre.
  • Señoríos vellos e de pouco rango, máis que señoriños, fan señoritangos.

Palabras veciñas

nobiliarista nobilísimo nobre nobreza noca noca noceira